|  Principal   |   Recomendar Recomendar    |  Blog de lareira.net Blog   |  Suscribirse ás novidades de lareira.net RSS   |   Favoritos / Compartir
 
Orujo de Galicia / Augardente de Galicia (D.X.)

BEBIDAS

 

ORUJO DE GALICIA / AUGARDENTE DE GALICIA (Denominación Xeográfica)

Orujo de Galicia / Augardente de Galicia (D.X.)
Os augardentes galegos, de 37,5% Vol. Ó 50% Vol. De alcohol (asegún sexa envellecido ou non), teñen unha Denominación Específica de Orixe que os protexe. Son o resultado da destilación dos bagazos das uvas galegas e teñen un intenso aroma que, ás veces, serve para sospeitar unha orixe distinta, ou mesturada con destilados de videiras americanas. A Denominación fala de "Orujo", anque xa sabemos que é o bagaño ou augardente, xeneralizada a súa obtención na totalidade da Comunidade Autónoma Galega. Algúns din: "mal viño, bó augardente", o que non é certo. Acaece que onde se obtén un viño de pouca sona, pola súa pequena produción e consumo somentes local, como a súa totalidade non é consumida "in situ", o alleo que ten a posibilidade de catalo, pásmase da súa calidade. Esto lle pasa ó augardente de Betanzos ou do Ulla, por exemplo. Queremos sinalar que, ás veces, atópanse augardentes envellecidas en tascas ou en casas particulares, dunha cor escura, acaramelada, e que asegún o envase onde envellece (xeneralmente de carballo, pero hai mais continentes axeitados), permite saborear un licor que faría as nosas delizas.

© OLAF

Creative Commons License