Logo lareira.net  
 
   |  Principal   |  Inicio   |  Favoritos   |  Recomendar   |  Comentarios   |   RSS  

Orujo de Galicia (Denominación Xeográfica)

Os augardentes galegos, de 37,5% Vol. ó 50% Vol. de alcohol (asegún sexa envellecido ou non), teñen unha Denominación Específica de Orixe que os protexe. Son o resultado da destilación dos bagazos das uvas galegas e teñen un intenso aroma que, ás veces, serve para sospeitar unha orixe distinta, ou mesturada con destilados de videiras americanas. A Denominación fala de "Orujo", anque xa sabemos que é o bagaño ou augardente, xeneralizada a súa obtención na totalidade da Comunidade Autónoma Galega.

Algúns din: "mal viño, bó augardente", o que non é certo. Acaece que onde se obtén un viño de pouca sona, pola súa pequena produción e consumo somentes local, como a súa totalidade non é consumida "in situ", o alleo que ten a posibilidade de catalo, pásmase da súa calidade. Esto lle pasa ó augardente de Betanzos ou do Ulla, por exemplo.

Queremos sinalar que, ás veces, atópanse augardentes envellecidas en tascas ou en casas particulares, dunha cor escura, acaramelada, e que asegún o envase onde envellece (xeneralmente de carballo, pero hai mais continentes axeitados), permite saborear un licor que faría as nosas delizas.

© OLAF

 

Enlaces:

 

© lareira.net, 2001-  | Contacto [RSS válido]  CSS válido