|  Principal   |   Recomendar Recomendar    |  Blog de lareira.net Blog   |  Suscribirse ás novidades de lareira.net RSS   |   Favoritos / Compartir
 
Tarta de Santiago

PRODUTOS TÍPICOS

 

TARTA DE SANTIAGO

Tarta de Santiago

Da tarta ou torta de Santiago, que axiña cumprirá dous séculos, se non os fixo xa (¡quén lla dera ós primeiros pelegríns!), podemos dici-lo fundamental: que leva a cantidade xusta de améndoa, que lle da ó interior esa cor marela torrada característica, e o seu sabor intenso.

Despois xa se sabe: uns pensan que debería levar máis ovos, outros máis azucre, e así seguen coa manteiga, a canela e as raspas de limón. Sei de quen, na súa casa, fai experiencias engadíndolle licores, e mesmo ¡pistachos! moídos, pero xa non é tarta de Santiago, claro.

Porque eso ten de moi bó a Tarta de Santiago: ó remate todas elas saben o mesmo de ben ou con pequeniñas desemellanzas. E tanto falo das artesanais coma das industriais.

É a tarta de Santiago, redonda e baixa, a máis sonada de Galicia e tamén moi apreciada e solicitada en toda España, porque á xente góstalle non só a tarta senón que sempre saiba igual.

A esta lambetada non lle falla endexamáis, coma adorno, unha Cruz de Santiago, que se fai de papel, colócase derriba da tarta e despois, toda ela, empóase de azucre moído co que, o retira-lo papel, queda dibuxada a Cruz.

© OLAF

Creative Commons License