|  Principal   |   Recomendar Recomendar    |  Blog de lareira.net Blog   |  Suscribirse ás novidades de lareira.net RSS   |   Favoritos / Compartir
 
Pan de Cea (I.X.P.)

PRODUTOS TÍPICOS

 

PAN DE CEA (Indicación Xeográfica Protexida)

Pan de Cea (I.X.P.)

O Concello ourensán de San Cristovo de Cea pertence á fértil Comarca do Carballiño e limita coas provincias de Pontevedra e Lugo.

E non se pode falar deste Concello sen facer referencia ó Mosteiro cisterciense de Oseira, na vía da Plata do Camiño de Santiago, e o máis importante da Orde en Galicia e, quizáis, en España.

Pois ben, nese Concello se fai o Pan de Cea, o máis sonado de Galicia porque é o máis saboroso. Está probado documentalmente (Privilexio do rei Sancho IV de Castela) que a lo menos hai setecentos anos que as panadeiras de Cea facían o pan que consumían os monxes do Mosteiro, e non existe ningún pan en Galicia, nin coido que en España, que poda fachendear de ter máis de sete séculos de tradición.

Porque tamén hai que salientar que o pan de Cea séguese a facer ó xeito tradicional.

Xa se sabe que en cada comarca de Galicia, e mesmo en cada vila hai un pan de sona, ou que a leva cáseque sempre con xusticia, pero hai que recoñecer que o Pan de Cea é unha auténtica xoia da artesanía galega.

E tamén é unha mágoa que a min cádrame un pouco lonxe.

© OLAF

Pan de Cea (I.X.P.)
Creative Commons License